> Actualidade

09/06/2009

A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

Gómez Besteiro sinalou que así se pon solución á zona sur da provincia e convidou ó Alcalde a participar no Pleno convocado para dentro de 15 días


O máximo mandatario provincial entregou os diplomas ás 12 empresas participantes no curso de Empresa e Sucesión Familiar financiado ó 100% pola Deputación

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Monforte de Lemos, Severino Rodríguez, mantiveron este martes unha reunión na que se acordou integrar o parque de bombeiros deste Concello no Consorcio Provincial de extinción de incendios. Deste xeito, Gómez Besteiro sinalou que así se pon solución á zona sur da provincia e convidou ó rexedor a participar no próximo Pleno que o Consorcio celebrará no Pazo de San Marcos, e que está convocado para dentro de 15 días.

O máximo mandatario provincial destacou que “xa dixemos que a situación de Lugo e de Monforte son diferentes e que o Consorcio contempla a posibilidade de incluír a aquelascalidades de menos de 20.000 habitantes. Por tanto, este é un acto para explicitar a integración deste Concello, de xeito que este parque figure como unha peza importante e non de forma illada como o viña facendo ata a actualidade”.

O Consorcio Provincial de Bombeiros ten cinco órganos de goberno e xestión: o Pleno, a Comisión Executiva, a Presidencia, a Vicepresidencia e o Consello Asesor. O Pleno estará integrado polo Presidente da Deputación, que exercerá as funcións da presidencia, o Director Xeral de Protección Civil, que exercerá a vicepresidencia, dous Deputados provinciais (Claudio Garrido e Antón Bao) dous membros designados pola Xunta (o Subdirector Xeral de Calidade e Protección Civil e o Delegado da Consellería de Presidencia) e os Alcaldes dos Concellos onde se establecen os parques de bombeiros.

Logo do cambio de goberno na administración autonómica e tendo en conta que a Xunta forma parte dos órganos de xestión do Consorcio, o 23 de abril enviouse desde a Deputación un escrito no que se explicaba a necesidade de que os actuais responsables designen ós seus representantes. “Loxicamente houbo un cambio na Xunta de Galicia e agora é o momento de que se produza esa renovación e de manifestala no Consorcio. Creo que non me equivoco ó pensar que neste proceso de integración tamén contaremos co apoio da administración autonómica porque non parece axeitado facer unha estratexia provincial e non contar cunha das cabeceiras de comarca da zona sur da provincia”.

Pola súa banda, o Alcalde de Monforte subliñou que “sempre houbo vontade política por parte da Deputación de resolver o problema do noso parque. Pola nosa parte vamos intentar que a integración se faga do xeito máis favorable para o Concello e os traballadores porque do que se trata é de prestar un servizo de calidade e que garanta a seguridade de toda a comarca. O obxectivo é que en 2010 teñamos outro plantexamento distinto”.

A Deputación Provincial e a Consellería de Presidencia asumen ó 50% o financiamento e mantemento destes cinco parques de bombeiros. Para a súa construción e dotación, destinan 9 millóns de euros, e 3 millóns anuais para o seu mantemento, de xeito que a Deputación alivia a obriga que tiñan os Concellos de aportar unha porcentaxe ó Consorcio.

Canon hidroeléctrico
O reparto do canon hidroeléctrico foi o segundo asunto que trataron o responsable provincial e o rexedor municipal. Gómez Besteiro indicou que antes do mes de agosto pecharase aiquidación do canon que no caso de Monforte ascende a 233.097 euros. Neste senso, subraiou que “antes de agosto queremos deixar remado o Plan de Obras parago comezar coa súa contratación, tal e como se fixo con Chantada”.

A este respecto, Severino Rodríguez agradeceu a disposición do Presidente neste eido e indicou que “estamos elaborando un documento para que a Deputación teña constancia de cales son as nosas necesidades. Sempre houbo vontade por parte da institución provincial de avanzar”.

Clausura curso de Empresa e Sucesión Familiar
O Presidente da Deputación, acompañado do Alcalde de Monforte, e da Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Presidente da Fundación CREA, Javier Collado, entregou os diplomas ás empresas participantes no Programa de Empresa e Sucesión Familiar que se desenvolveu en Monforte de Lemos.

Gómez Besteiro destacou que “na actualidade hai cursos para emprendores, pero olvidámonos das empresas que xa están funcionando. É bo crear empresas, pero tamén hai que ter en conta as que xa existen para conservar eses postos de traballo. Por iso, este programa é exclusivo, xa que permite planificar a sucesión e reorientar os negocio garantindo a súa permanencia”.

Das aproximadamente 24.600 pequenas e medianas empresas que hai en Lugo, o 30% son familiares e tan só un 15% pasa a unha terceira xeración. É precisamente neste cambio xeracional cando se detecta que se van producindo baixas, e en moitos casos é por un escaso ou nulo asesoramento.

Trátase dun programa pioneiro en España, totalmente gratuíto para as PEMES e financiado ó 100% pola institución provincial con 60.000 euros. Nel participaron 12 empresas familiares, que agora dispoñen de distintas ferramentas queles axudarán a afianzar a consolidación da empresa sabendo como enfrentarse a un dos asuntos máis importantes ós que se vos plantexan no momento da sucesión: o problema familiar, xurídico e empresarial.

O rexedor municipal destacou a importancia de que iniciativas coma esta se desenvolvan nestes momentos, “xa que hoxe máis ca nunca é necesario crear emprego e mellorar a competitividade das nosas empresas. Todas as forzas políticas debemos traballar conxuntamente e nunha única dirección para impulsar o tecido empresarial”.

O responsable da Fundación CREA coincidiu con Severino Rodríguez ó subliñar que “cuantas más instituciones haya que generen empleo y riqueza para este país será mucho mejor”.

Desenvolvemento do programa
Cun enfoque moi práctico e durante 8 semanas consecutivas os participantes tiveron sesións conxuntas (72 horas) e consultorías totalmente personalizadas, para elaborar as súas estratexias futuras en áreas como a xurídica, económica-financieira, marketing e vendas, fiscal, novas tecnoloxías, etc. As sesións individuais (25 horas) estiveron dirixidas por un consultor especialista e cun horario adaptado á disponibilidade dos participantes.

Rematado o Programa, os participantes teñen todos os programas relacionados coa consolidación da empresa familiar e a sucesión: Plan Estratéxico, Plan de Empresa, Protocolo Familiar e Plan de Sucesión.




Volver

27/05/2021
El Presidente felicita a los bomberos de Vilalba por su actuación en el incendio de la nave de Jamones Otero

05/05/2021
Los bomberos apagaron el fuego en una chimenea en Landrove

03/05/2021
El Consorcio de bomberos invierte cerca de 45.000€ en un equipo de excarcelación para el Parque de Viveiro

12/04/2021
Alumnos del Ceip Mato Vizoso crean una pictoguía con servicios de Vilalba

23/03/2021
El Consorcio de Bombeiros mejorará su capacidad de actuación con dos nuevos furgones de salvamento 4x4

25/02/2021
Incendio en Prodeme: «O dano foi pouco para o que podía ser»

12/02/2021
El Consorcio de Bomberos renueva los trajes de protección de sus efectivos con una inversión de más de 155.000 €

14/01/2021
Los bomberos del parque de Vilalba realizaron 400 intervenciones en 2020

17/08/2020
Los bomberos de Vilalba rescatan 20 cerdos de una fosa séptica en Guitiriz

22/07/2020
El parque de bomberos de Monforte amplía su equipamiento con un nuevo vehículo de mando de emergencias

08/07/2020
La Diputación empezará mañana en Ribadeo la desinfección preventiva de las residencias

20/05/2020
Teléfonos de contacto para los parques de Barreiros, Vilalba y Barreiros

08/05/2020
Los parques de Bomberos de Viveiro y Barreiros desinfectan 13 centros asistencias de A Mariña

07/05/2020
Los bomberos de Monforte asumen la desinfección de los edificios públicas

07/05/2020
Los 6 parques de bomberos desinfectan los exteriores de 50 centros asistenciales de la provincia por iniciativa del Presidente

24/02/2020
Los más pequeños aprende a como actuar en caso de incendio gracias a los bomberos de Vilalba

05/02/2020
Los bomberos del parque comarcal vilalbés realizaron más de 300 salidas en 2019

31/01/2020
Simulacro en el CEIP de Baamonde

31/01/2020
El Parque de Bomberos de Viveiro organiza una jornada de prevención de fuegos domésticos

21/01/2020
Bomberos y Policía Nacional de Viveiro enseñan a vecinos a evitar fuegos en casa

10/01/2020
Los bomberos del Consorcio acompañan a los Reyes Magos en su visita a Sarria

03/01/2020
El parque de bomberos de Viveiro recoge cerca de 500 kilos de comida en la jornada de puertas abiertas

20/12/2019
El parque de bomberos de Viveiro organiza una jornada de puertas abiertas para colaborar con el Banco de Alimentos

28/11/2019
El Consorcio de Bomberos puede hacer 335.000€ de inversión gracias a los ahorros alcanzados con la gestión directa

01/10/2019
El Presidente visita al personal de los diferentes servicios de la Diputación

10/09/2019
José Tomé, elegido presidente del Consorcio Provincial de Bomberos de Lugo

12/02/2019
Aprobada la propuesta de Campos para la gestión directa de los parques de bomberos, ahorrando 260.000 euros y mejorando las condiciones laborales de los 117 profesonales.

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo