> Actualidade

24/01/2011

O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

esteiro e Rueda presidiron o Pleno no que se contratou a xestión indirecta dos parques de Barreiros, Viveiro e Vilalba a Veicar S.L, e os de Chantada, Sarria e Monforte á UTE Hasa-Natutecnia, últimos acordos para a posta en marcha das instalacións o 1 de maio


As propostas destas adxudicatarias incrementan o número de efectivos, horas de servizo e de formación ó persoal

Mañá, 25 de xaneiro, e durante 15 días, as adxudicatarias abren o prazo de solicitude para participar no proceso de selección do persoal

Na sesión tamén se aprobou a contratación dos derradeiros vehículos, completando o equipamento externo dos 6 parques de bombeiros
240111Pleno Consorcio Bombeiros

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda Valenzuela, informaron esteuns do Pleno Extraordinario do Consorcio Provincial de Bombeiros celebrado no Pazo de San Marcos. Na sesión, adxudicouse a xestión indirecta das instalacións contraincendios de Barreiros, Viveiro, e Vilalba a Veicar S.L, e as de Monforte, Sarria e Chantada á UTE Hasa-Natutécnia (Hispania de Aviación S.A e Consultoría Natutecnia) por un prazo inicial de 8 anos que, tal e como establece aei, pode prorrogarse un máximo de 15.

Gómez Besteiro salientou que “establecemos 2 criterios imprescindibles no concurso: a creación de emprego e a cobertura cara o 100% da provincia ós 365 días ó ano. As beneficiadas cumpren e melloran os requisitos marcados: contratarán un total de 114 efectivos, fronte ós 108 que fixamos como mínimo, que prestarán cobertura as 24 horas os 365 días do ano. Foi tamén vontade deste Consorcio, a posta en marcha das instalacións o 1 de maio, data na que 114 persoas comezarán a desenvolver o seu traballo de forma indefinida. Isto é unha moi boa noticia para a provincia nun momento no que estamos implicados na creación de emprego, e no que, dediquémonos ó que nos dediquemos, a nosa prioridade é o emprego”. Rueda Valenzuela destacou que a posta en marcha dos parques é "un exemplo de coordinación e traballo conxunto", e subliñou o importante investimento realizado para que sexa unha realidade. Asímesmo, incidiu na importancia de que “a partires do 1 de maio, máis de 100 profesionais das emerxencias, perfectamente formados, estarán preparados para facer fronte ás emerxencias de toda a provincia”.

Cada parque de bombeiros terá 19 persoas: 12 bombeiros-condutores, 6 xefes de quenda-condutores, e 1 xefe de servizo, asegurando a cobertura as 24 horas e os 365 días do ano. Na zona norte, os parques de Barreiros, Vilalba e Viveiro darán cobertura a 25 Concellos: Abadín; Alfoz; Barreiros; Burela; Begonte; Cospeito; Cervo; Foz; Guitiriz; Lourenzá; Mondoñedo; Muras; O Valadouro; O Vicedo; Ourol; Outeiro de Rei; Pastoriza; Rábade; Ribadeo; Riotorto; Trabada; Vilalba; Viveiro; Xermade; Xove. Os de Chantada, Sarria e Monforte de Lemos (zona sur) prestarán servizo a outros 25: Antas de Ulla; Baralla; Becerreá; Bóveda; Corgo; Carballedo; Chantada; Guntín; Láncara; Monforte; Monterroso; O Incio; O Páramo; O Saviñao; Pantón; Paradela; Pobra do Brollón; Portomarín; Quiroga; Ribas de Sil; Samos; Sarria; Sober; Taboada e Triacastela.

O ámbito territorial adscrito a cada un destes parques terá independencia da súa actuación profesional se fose necesario, fóra dosímites do mesmo, a nivel comarcal e provincial, ou mesmo autonómico. A prestación do servizo incluirá: incendios; inundacións; accidentes de circulación; rescates e salvamentos; actividades de prevención, etc. “É dicir, actuarán en todo o ámbito provincial”, afirmou Gómez Besteiro.

Selección, formación e prazos

Mañá, 25 de xaneiro, as adxudicatarias abrirán o prazo de solicitude para participar no proceso de selección. Todos os interesados poderán formalizar a súa inscrición nos vindeiros 15 días. Como mellora do prego, e garantindo a obxectividade das probas, a UTE garante neste proceso a presenza de árbitros da Federación Galega de Atletismo e de Natación, a realización dun test de personalidade, entrevistas persoais e a cobertura médica. Posteriormente, comezarán coa formación do mesmo, que será de 425 horas fronte ás 250 horas como mínimo que se esixían. Ademais, cada efectivo recibirá ó ano 35 horas de formación continua. Pola súa banda Veicar, contará con técnicos do INEF, ofrecerá 300 horas de formación fronte ás 250 esixidas, e 40 de formación continua anuais.

As adxudicatarias rematarán a selección e a formación do persoal antes de maio, data na que o Consorcio garante o pleno rendemento dos parques de bombeiros. Para elo, este mes ou o vindeiro, o Pleno municipal de Monforte aprobará a incorporación das instalacións monfortinas ó Consorcio; a Xunta entregará tamén antes dun mes os parques recén construídos ó organismo, e a Deputación o equipamento adquirido. Consorcio fixou xa no anterior Pleno o mes de maio como a data de arranque dos parques. Deste xeito, no Orzamento 2011 existe unha partida de 2.597.000 euros, o presuposto total que recibirán óngo deste ano as adxudicatarias, e que percibirán durante 8 meses, dende maio e ata decembro.

Vehículos adquiridos

O Pleno tamén aprobou a contratación dos derradeiros vehículos para os parques, concretamente un camión de rescate en altura de 26 metros que, coma mellora presentada, será de 32, outro desta mesma altura, e un camión BUL por valor de 1.321.084 euros. Deste xeito, todas as instalacións contraincendios contan xa co material externo necesario para a súa posta en marcha. A distribución é a seguinte: Barreiros, 1 camión de altura de 32 metros, 1 camión nodriza, 1 camión BUL e un vehículo de mando; Chantada, 1 camión de altura-mixto de 22 metros, 1 camión nodriza, 1 camión BUL, e 1 camión de mando; Sarria, 1 camión de altura-mixto de 22 metros, 1 camión nodriza, 1 camión BUL, e 1 camión de mando; Vilalba, 1 camión de altura de 27 metros, 1 camión nodriza, 1 camión BUL, 1 vehículo de altura; e Viveiro 1 Camión de altura de 27 metros, 1 camión nodriza, 1 camión BUL e 1 vehículo de mando.

Ó respecto do equipamento interno, é dicir: mobiliario, traxes de protección, ferramentas ou material informático...etc, o Consorcio contempla no Orzamento de 2011 unha partida de 962.717 euros para a súa adquisición. Este material achegarase ás instalacións de Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba, xa que ás de Barreiros contan con el.

No Pleno participaron ademais do Presidente e o Conselleiro, a Delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o Director Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Santiago Villanueva; o Subdirector Xeral de Seguridade e Coordinación do mesmo departamento, José Antonio Fernandez López; o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antón Bao; o Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño; e os Alcaldes de Barreiros, José Alfonso Fuente; Chantada, Manuel Taboada; Sarria, Claudio López Garrido; Vilalba, Gerardo Criado; e Viveiro, Melchor Roel.




Volver

27/05/2021
El Presidente felicita a los bomberos de Vilalba por su actuación en el incendio de la nave de Jamones Otero

05/05/2021
Los bomberos apagaron el fuego en una chimenea en Landrove

03/05/2021
El Consorcio de bomberos invierte cerca de 45.000€ en un equipo de excarcelación para el Parque de Viveiro

12/04/2021
Alumnos del Ceip Mato Vizoso crean una pictoguía con servicios de Vilalba

23/03/2021
El Consorcio de Bombeiros mejorará su capacidad de actuación con dos nuevos furgones de salvamento 4x4

25/02/2021
Incendio en Prodeme: «O dano foi pouco para o que podía ser»

12/02/2021
El Consorcio de Bomberos renueva los trajes de protección de sus efectivos con una inversión de más de 155.000 €

14/01/2021
Los bomberos del parque de Vilalba realizaron 400 intervenciones en 2020

17/08/2020
Los bomberos de Vilalba rescatan 20 cerdos de una fosa séptica en Guitiriz

22/07/2020
El parque de bomberos de Monforte amplía su equipamiento con un nuevo vehículo de mando de emergencias

08/07/2020
La Diputación empezará mañana en Ribadeo la desinfección preventiva de las residencias

20/05/2020
Teléfonos de contacto para los parques de Barreiros, Vilalba y Barreiros

08/05/2020
Los parques de Bomberos de Viveiro y Barreiros desinfectan 13 centros asistencias de A Mariña

07/05/2020
Los bomberos de Monforte asumen la desinfección de los edificios públicas

07/05/2020
Los 6 parques de bomberos desinfectan los exteriores de 50 centros asistenciales de la provincia por iniciativa del Presidente

24/02/2020
Los más pequeños aprende a como actuar en caso de incendio gracias a los bomberos de Vilalba

05/02/2020
Los bomberos del parque comarcal vilalbés realizaron más de 300 salidas en 2019

31/01/2020
Simulacro en el CEIP de Baamonde

31/01/2020
El Parque de Bomberos de Viveiro organiza una jornada de prevención de fuegos domésticos

21/01/2020
Bomberos y Policía Nacional de Viveiro enseñan a vecinos a evitar fuegos en casa

10/01/2020
Los bomberos del Consorcio acompañan a los Reyes Magos en su visita a Sarria

03/01/2020
El parque de bomberos de Viveiro recoge cerca de 500 kilos de comida en la jornada de puertas abiertas

20/12/2019
El parque de bomberos de Viveiro organiza una jornada de puertas abiertas para colaborar con el Banco de Alimentos

28/11/2019
El Consorcio de Bomberos puede hacer 335.000€ de inversión gracias a los ahorros alcanzados con la gestión directa

01/10/2019
El Presidente visita al personal de los diferentes servicios de la Diputación

10/09/2019
José Tomé, elegido presidente del Consorcio Provincial de Bomberos de Lugo

12/02/2019
Aprobada la propuesta de Campos para la gestión directa de los parques de bomberos, ahorrando 260.000 euros y mejorando las condiciones laborales de los 117 profesonales.

21/12/2012
Os bombeiros de Barreiros reúnen 10.400 quilos de alimentos para as familias máis desfavorecidas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

14/12/2012
Arrinca a fin de semana solidaria organizada polos bombeiros de Barreiros coa disputa dun maratón de fútbol sala

13/12/2012
Os bombeiros de Barreiros repartiron hoxe agasallos entre os nenos ingresados no Hospital da Costa

05/12/2012
Os bombeiros de Barreiros recadan alimentos para familias con dificultades económicas dos 10 Concellos nos que prestan servizo

27/11/2012
Parque Comarcal de Bombeiros de Monforte: 24 horas ao servizo da cidadanía

01/10/2012
Entra en servizo o parque de bombeiros de Monforte tras a súa incorporación ó Consorcio Provincial

09/08/2012
Cativos de entre 3 a 10 anos visitarán as instalacións contraincendios de Viveiro dentro das actividades didácticas que ofrece o Consorcio Provincial de Bombeiros, integrado por Deputación e Xunta.

18/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros atendeu máis de 500 emerxencias no seu primeiro ano de funcionamento

07/06/2012
O Consorcio Provincial de Bombeiros asume as obras de mellora do parque de Monforte valoradas en 90.000 euros

19/04/2012
O 70% dos incendios teñen a súa orixe en enchufes múltiples, mantas eléctricas, campás estractoras e chemineas

22/03/2012
74 nenos do colexio “Nuestra Señora de La Asunción” de Sarria coñecen oabor dos bombeiros do Consorcio Provincial

21/03/2012
Máis de 20 novos bombeiros do Consorcio de Lugo incian a súa formación na Academia Galega de Seguridade Pública

21/03/2012
50 nenos do CEIP de Cervo coñecen o servizo do Consorcio Provincial de Bombeiros nunha visita ás instalacións de Viveiro

16/03/2012
Unha decena de colexios e IES da provincia solicitaron ó Consorcio de Bombeiros actividades didácticas para uns 700 alumnos

07/03/2012
Máis do 50% das incidencias atendidas polos parques comarcais son incendios en vivendas, provocados por chemineas malimpas

29/02/2012
Os bombeiros de Viveiro fixeron un simulacro de evacuación no CEIP de Covas

15/02/2012
130 persoas participan nas probas físicas para a selección de novo persoal no parque de bombeiros de Monforte de Lemos

07/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

04/02/2012
O Consorcio Provincial comeza a selección de persoal para a contratación de 19 bombeiros no parque de Monforte

27/06/2011
Os parques de bombeiros de Barreiros, Viveiro e Vilalba atenderon 20 emerxencias en maio

18/05/2011
A Deputación asume os soldos dos bombeiros interinos de Monforte ata a súa integración no Consorcio

30/04/2011
O 90% da provincia contará dende mañá con cobertura contraincendios tras décadas de discriminación

26/04/2011
Máis de 100 bombeiros que se incorporarán o 1 de maio ós parques contraincendios de Lugo conclúen a súa formación

17/03/2011
Gómez Besteiro supervisa o parque de bombeiros de Barreiros ante a súa posta en marcha o 1 de maio

28/02/2011
A Deputación conclúe a dotación dos parques e reclama á Xunta cofinanciación para zonas sen cobertura contraincendios

12/02/2011
1.000 persoas realizan as probas de selección para os postos de emprego do Consorcio Provincial de Bombeiros

24/01/2011
O Consorcio de Bombeiros da traballo a 114 persoas e reforza a cobertura contraincendios cara o 100% da provincia

17/01/2011
O Consorcio de bombeiros aproba o Orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros

25/06/2010
Besteiro e Rueda garanten a posta en marcha dos parques de bombeiros provinciais o 1 xaneiro

20/05/2010
Gómez Besteiro recibe ós Sindicatos convocantes da manifestación de bombeiros

03/03/2010
Técnicos da Deputación e da Xunta avanzan na colaboración do parque da capital co Consocio Provincial de Bombeiros

26/02/2010
A Deputación adxudica novo material para os parques de bombeiros por valor de 1,2 millóns de euros

18/02/2010
Técnicos do Consorcio Provincial de Bombeiros supervisarán este venres o parque de Monforte

12/02/2010
Deputación e Xunta aproban o Orzamento 2010 do Consorcio de Bombeiros con 2 millóns de euros

09/06/2009
A Deputación integrará o parque de Monforte no Consorcio Provincial de bombeiros

25/05/2009
A Deputación adquire 5 vehículos de mando todoterreo para o Consorcio Provincial de Bombeiros

05/05/2009
A Deputación inicia o acondicionamento do parque de bombeiros de Barreiros

23/03/2009
Aprobado o Presuposto 2009 do Consorcio Provincial de Bombeiros que ascende a 3,2 millóns de euros

11/02/2009
O Presidente da Deputación preside a constitución do Consorcio Provincial de Bombeiros

06/02/2009
A Deputación aproba a adquisición de material para o Consorcio de Bombeiros por 3 millóns de euros

04/02/2009
A Deputación aproba esta semana a cantidade de 3 millóns de euros para a dotación material dos 5 parques provinciais de bombeiros

22/12/2008
Deputación e Xunta presentan cinco vehículos contraincendios para o futuro Consorcio Provincial de Bombeiros

31/10/2008
Deputación, Xunta e Concello adxudican as obras do parque de bombeiros de Sarria por 699.000 euros

03/10/2008
A Deputación adxudica por 966.000 euros cinco bombas nodriza para o Consorcio provincial de bombeiros

14/08/2008
Encargadas 5 bombas nodrizas pesadas para os parques da nova rede provincial de bombeiros

27/06/2008
A Deputación recibirá proximamente a contestación do Concello de Barreiros para aegalización do parque de bombeiros

19/06/2008
A Deputación recibe 969.000 euros da Xunta para a adquisición de 5 vehículos contraincendios para o futuro consorcio de bombeiros de Lugo

13/05/2008
A rede provincial de bombeiros basearase na experiencia da Deputación da Coruña, pioneira en Galicia na implantación deste sistema

29/04/2008
Presentado o edificio prototipo para os novos parques provinciais de bombeiros

23/04/2008
O Presidente da Deputación ratificou o apoio da nova rede provincial de bombeiros ó parque de Monforte

01/02/2008
A Vicepresidenta Segunda da Deputación asegura que o parque de bombeiros de Barreiros estará en funcionamento en 2008

10/01/2008
O Presidente da Deputación asina o protocolo para a creación de cinco parques provinciais de bombeiros

03/12/2007
A Deputación de Lugo e a Consellería da Presidencia cofinanciarán o 100% da nova rede provincial de parques de bombeiros

30/11/2007
Os parques provinciais de bombeiros centrarán a vindeira reunión entre o Presidente da Deputación e o Conselleiro da Presidencia

07/11/2007
O Presidente da Deputación senta as bases para desbloquear a situación do parque de bombeiros de Barreiros

07/03/2013
Os incendios e os rescates concentran o 70% das emerxencias atendidas polo Consorcio de Bombeiros no que vai de ano

Consorcio Provincial contra Incendios y Salvamento de Lugo